A ruta de hoxe recorreu as terras de Melide, comezamos en Ferreira coma sempre ás 8:00, e como éramos moi pouquiños, sólo 8 fumos nunha incriblemente cómoda e amplia furgoneta. Paramos tomar un café na hoxe famosísima area de servicio de Guitiríz, que por outra banda é de lo mejorcito que levo visto para desayunar.
A ruta comezou na ponte romana que atravesamos no camiño francés. Seguimos polo río Furelos, unha ruta sin marcar, o camiño dos pescadores pola servidumbre de paso do río. Servidumbre que nalgunhos puntos tivemos que “restaurar”, xa que é moita avaricia da xente. Unha ruta atípica, pero moi bonita, vimos Lipiotas e Amanitas dos gnomos, cabalos e vacas, pastos e montes, unha ruta atípica e tremendamente interesante, vimos o río por fin a punto de revosar de auga, a visión do regato sin auga en Villanueva dos Oscos en Outubro foi realmente extraña e desalentadora.
Contra as 12 chegamos ó Camiño Primitivo, a hora do noso tradicional refligerio de media mañá, e seguimos polo Camiño Primitivo, pouquiños peregrinos nos encontramos, pero acompañáronnos, eso si, os mojós do camiño, que sempre che recordan a compañía que nos facían no camiño. E como non, volve o desexo de facer o camiño, e incrible que a sola visión das señais ou dunha flecha amarilla te inflame de desexos de recorrer andando 100 km ou mais, certamente incrible, sólo quen o houbera vivido o pode entender.
Chegamos a Melide, primeiro tomámonos unhas cervezas, na primeira tasca que encontramos, estaban de mercado e comimos nunha cervecería na que estaban experimentando cunha parrilla de tiro forzado, que bueno, non é que funcionara moi ben, que era moito o fume que había, comimos genial, callos, empanada e churrasco, incluso queixo para postre, que seica estaba riquísimo, a verdade é que Mónica ten un ollo infalible, por ahora non fallou tiro, maneira de comer sempre.
O fume trouxonos outro recordo, certa tasca en Taramundi, da que salía o fume por debaixo das lousas, que non había chimenea non nada, e querias que non ese aire enxebre nunha cervecería moderna, pois que estivo moi ben, sobre todo despois de ducharse logo na casa. Taramundi outro lugar que á mínima de cambio dan unhas ganas tremendas de volver.
Volvimos para a casa, por algunha extraña razón viñemos casi todos durmindo.
Outra grande xornada en compañía dos de Paso Miudo, outro día na natureza, en boa compañía rematado cunha gran comida, que mais se pode pedir para pasar un Domingo, nada, ou polo menos poucas mais cousas se poderían pedir.
Vémonos para a próxima, recorreremos o río Sor e comeremos un pouquiño de pulpo, seguro que a ser outro gran día.
Juan.